Escalada

Escola deportiva

Escola cuadrimestral para a iniciación e práctica continuada da escalada deportiva en rocódromo. Dirixida para todos aqueles membros da comunidade universitaria que teñan o Abono Deportes do actual curso académico.

Para poder inscribirse nesta escola, teranse que facer previamente, os cursos de Iniciación e Perfeccionamento da Área de Deportes ou demostrar ter os coñecementos necesarios mediante a proba de nivel co monitor da escola.

Instalación: Pavillón de Deportes Campus de Elviña

Todas as escolas deportivas rexeranse polo calendario académico universitario. Cando o calendario académico universitario marque un festivo ou non lectivo, ese día, non haberá clases e non se recuperarán.

No caso de que o/a alumno/a non cumpra coa asistencia mínima esixida (máximo 5 faltas non xustificadas) perderá a praza en favor da seguinte persoa da listaxe de agarda, sen dereito á devolución da cuota de inscrición.
Os universitarios/as (alumnos/as de Grao) que tomen parte nalgunha escola deportiva, terán a posibilidade de obter o recoñecemento de créditos (consultar o apartado de normativa), de ter unha asistencia mínima ás sesións do 85% durante todo o curso académico.

Os/as usuarios/as que teñan feita unha inscrición no primeiro cuadrimestre, terán a preferencia para a reserva da praza que ocupan no segundo cuadrimestre, abríndose para eles/as un periodo de renovación anterior ao prazo de inscrición do segundo cuadrimestre.

A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha escola de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.

Máis información e inscrición: A Coruña

Cursos

Cursos de 24 horas de duración distribuídas en 8 sesións para a iniciación na escalada deportiva no rocódromo do pavillón do campus de Elviña.

Máis información e inscrición: A Coruña

Competicións

Competicións internas

Competicións externas

Instalacións

Información e reserva: A Coruña