Hiit Fit

O HIIT (do inglés High Intensity Interval Training) ou "Adestramento de Intervalos de Alta Intensidade" permite combinarse moi ben nunha clase dirixida, de forma que as persoas que adestran comparten a súa experiencia á vez que melloran o seu rendemento.

O HIIT é unha modalidade de adestramento fitness que combina intervalos de exercicios de alta intensidade con periodos curtos de repouso activo a intensidade moderada. Son especialmente eficientes se a túa intención é baixar de peso ou se queres mellorar a túa saúde con exercicios de cardio. Ademais, é ideal para queimar graxa, tonificar músculo e aumentar a resistencia en menos de media hora.

 

Máis información e inscricións:  A Coruña / Ferrol