Actividade de corrección da postura para unha mellor estabilización lumbo-pelviana e escapular, así como de ganancia de mobilidade en canto a rango articular para realizar as actividades cotiás do día a día dunha forma máis levadeira, sumado a unha mellora da capacidade respiratoria a través dun traballo continuo ou interválico sobre unha bicicleta de spinning.
Máis información e inscricións: A Coruña
Actividade que se realiza nunha bicicleta estática cun grupo de persoas pedaleando ao ritmo da música e na que se simula, o máis fiel posible, rutas de terreo real, baixadas, subidas, etc, co obxectivo de mellorar o sistema cardiovascular cun mínimo impacto sobre as articulacións.
Máis información e inscricións: Ferrol