Escola anual para a iniciación e práctica do tiro con arco. Dirixida para todos aqueles membros da Comunidade Universitaria que teñan o Abono Deportes do actual curso académico.
Instalación: Estadio do Campus de Elviña
Todas as escolas deportivas rexeranse polo calendario académico universitario. Cando o calendario académico universitario marque un festivo ou non lectivo, ese día, non haberá clases e non se recuperarán.
Os universitarios/as (alumnos/as de Grao) que tomen parte nalgunha escola deportiva, terán a posibilidade de obter o recoñecemento de créditos (consultar o apartado de normativa), de ter unha asistencia mínima ás sesións do 85% durante todo o curso académico.
A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha escola de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.
Máis información e inscrición: A Coruña
Competicións internas: A Coruña
Sala de tiro con arco do Estadio Universitario do campus de Elviña