Inscricións para o uso libre da Sala Fitness/Musculación para todos aqueles membros da Comunidade Universitaria da UDC, cónxuxes e fillas/os maiores de 15 anos de traballadoras/es da UDC, co Abono Deporte do curso académico en vigor.
Ambas salas están dotadas diferentes máquinas de exercicio físico, aparellos de peso libre e todos os elementos e accesorios necesarios para a práctica dunha actividade física saudable.
Instalacións:
Horarios de apertura, de luns a venres:
O horario de apertura das salas será continuado durante todo o curso académico. Permanecerá pechado nos meses de xullo e agosto, así como en períodos non lectivos segundo o calendario académico do curso en vigor. Valorarase o peche en función das resolucións rectorais correspondentes ou por suxestións de Xerencia.
Para acceder ás instalacións deberedes identificarvos con código QR da vosa ficha de usuario/a do "udcxest"
Indicamos a continuación cales son os pasos para obter o código QR:
acceder a udcxest.udc.gal
Autenticarse en “Usuario/a” (arriba á dereita)
Nada máis acceder á súa ficha, verá o botón onde pode descargarse o seu código QR
Condicións para a reserva das sesións: