Pilates é un conxunto de exercicios cuxa finalidade é exercitar o corpo e a mente mediante unha práctica que combina as tradicións oriental e occidental. Pretende mellorar a condición física, aumentar a propia capacidade de control e concentración.
Trátase dun método que pretende reforzar a musculatura e aumentar tanto o control como a forza muscular, así como a flexibilidade, mediante un abano de exercicios baseados en diferentes posturas e a súa combinación.
Todas as actividades de Exercicio e Saúde rexeranse polo calendario académico universitario do curso actual. Cando o calendario académico universitario marque un festivo ou non lectivo, ese día non haberá clases e non se recuperarán.
Os alumnos/as de Grao poderán obter o recoñecemento de créditos (consultar o apartado de normativa) superando o 85 % da asistencia.
A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha actividade de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.