Campamentos e campus

DéporCampus Mauro Silva

O DéporCampus Mauro Silva está pensado para ensinar algúns aspectos relacionados coa práctica do fútbol, así como fomentar a creatividade e o compañeirismo a través de obradoiros variados.

Contaremos coa presenza de xogadores do Dépor, que nos contarán as súas experiencias, poderemos facerlles preguntas, fotografarnos con eles e conseguir o seu autógrafo.

O principal obxectivo do campus é que os/as rapaces /rapazas se divirtan así como fomentar a convivencia e a solidariedade.

Dedicaremos unha xornada á familia, en que os pais e os familiares que o desexen poderán xantar cos seus fillos. Pola tarde celebraranse partidiños entre pais e fillos.

Poderán apuntarse rapaces e rapazas de entre 4 a 12 anos.

 

Campamento multideportivo

Campamento multideportivo para rapaces e rapazas de entre os 6 e os 12 anos.

Instalacións deportivas da UDC nos campus de Elviña (A Coruña) e Esteiro (Ferrol)

Actividades multideportivas, escalada, actividades medio ambientais, xogos tradicionais galegos, xincanas, excursións, actividades acuáticas...

  • Máis información e inscricións: Campamentos A Coruña
  • Máis información e inscricións: Campamentos Ferrol (edición cancelada)

 

Actividades Náuticas + Inglés

Actividade de verán Náutica + Inglés a realizar na Aula Náutica da UDC.

Destinado a rapaces e rapazas que saiban nadar en idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos.

Desenvolveranse na Aula Náutica.

Ten como obxectivo a introdución aos deportes náuticos, espertando o gusto pola comunicación en inglés.

En seco, realizaranse sesións de reforzo de inglés con actividades lúdicas e medios audiovisuais.

As actividades daranse primariamente en inglés, aínda que tamén en castelán ou galego.

 

Campus Baloncesto Nadal (Basquet Coruña)

Actividade que busca a promoción do baloncesto nun contexto de lecer, organizado polo Basquet Coruña.

Destinado a rapaces e rapazas.

Terá lugar nas instalacións do polideportivo da Normal e no polideportivo Agra 2.

Programa desenvolvido por adestradores/as e monitores/as con formación específica en baloncesto e lecer educativo. As sesións terán como obxectivo a mellora de fundamentos técnicos e tácticos, sen esquecer o compoñente recreativo.