Cumprindo cos obxectivos e funcións da Unidade de Teleformación, poñemos a disposición do profesorado da UDC unha sala de gravación que permite crear de forma inmediata recursos didácticos audiovisuais destinados ás aulas ou á difusión de actividades docentes e de innovación.
· Debe facerse cun mínimo de 7 días de antelación.
· A franxa máxima de reserva é de 1h30m.
· O profesorado debe facilitar a presentación ou o material que consideren para empregar de fondo con 72h de antelación.
· A presentación debe estar ensaiada previamente á gravación.
· Ao rematar a sesión compartiráselle a través dunha carpeta en sharepoint as gravacións realizadas para que as descargue ou copie a unha carpeta de seu.
· Transcorrido o prazo de 30 días dende a publicación dos arquivos, e por xestión de espazo na nube, o CUFIE descargará e gardará localmente esas gravacións.