Debe garantirse o acceso ás guías docentes de todas as materias dunha titulación impartida na UDC, independentemente de cal sexa a universidade coordinadora.
Se a UDC non é coordinadora, pódese incluir un enlace á guía docente da universidade correspondente no apartado 1 (descrición xeral), aínda que non é a opción preferente.
Se a UDC é a coordinadora, as materias impartidas por profesorado da UDC deben contar coa guía docente completa na aplicación da UDC. Nas materias sen profesorado da UDC, pode incluirse un enlace á guía docente da outra universidade, tamén no apartado 1.
Para inserir unha ligazón á guía docente pública dunha materia da Universidade da Coruña (UDC), pode empregarse como modelo o seguinte exemplo, correspondente á materia co código Sigma 102528:
https://academica.udc.gal/doa/consultaPublica/look[conpub]MostrarPubGuiaDocAs?entradaPublica=true&_codAsignatura=102528&idiomaPais=es.ES
_codAsignatura: corresponde ao código da materia no sistema Sigma. No exemplo, trátase da materia co código 102528.
idiomaPais: determina o idioma da interface na que se presenta a guía docente. Con todo, as guías poden consultarse en todos os idiomas nos que estean dispoñibles, con independencia do valor deste parámetro.
Os valores posibles para este campo son:
es.ES
: castelán.
gl.ES
: galego.
en.GB
: inglés.
O acceso ás guías docentes mediante esta ligazón só é posible cando estas están publicadas.
Nas materias que, no momento de abrir o prazo de elaboración das guías docentes, aínda non teñan profesorado asignado no POD, será responsabilidade da área ou áreas de coñecemento ás que estea adscrita a dita materia designar unha persoa encargada de elaborar a guía docente ou a parte correspondente, segundo o caso.
Esta tarefa deberá realizarse de forma coordinada entre a persoa ou persoas designadas e, de ser preciso, as direccións dos departamentos afectados e a persoa coordinadora da titulación, co obxectivo de garantir que a guía docente quede debidamente elaborada dentro do prazo establecido.
Unha vez aprobada a guía polo consello de departamento e ratificada pola xunta de centro, poderá ser modificada polo equipo docente que finalmente imparta a materia, sempre que non se prexudique ao estudantado e coa aprobación e ratificación dos órganos correspondentes.
Non se deben incluír nas guías docentes contidos xa recollidos nas normativas vixentes da UDC (dedicación ao estudo, permanencia, fraude académica, etc.).
Estes aspectos xa están cubertos no apartado 5 da avaliación, que inclúe o seguinte texto na vista pública das guías docentes:
"Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente na UDC."De acordo co capítulo IV da normativa de dedicación ao estudo, a dispensa académica de asistencia é unha autorización que exime o estudantado de grao ou mestrado da obrigatoriedade de asistir ás actividades formativas síncronas presenciais ou virtuais, cando concorra algunha das causas recollidas no artigo 6 da dita normativa, e sempre que sexan susceptibles de ser dispensadas segundo o que dispón nos artigos 11 e 12 da dita normativa.
Nas guías docentes habilitouse o apartado 5.4 que ten que incluír:
Desde a Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización elaborouse un resumo práctico para o profesorado sobre a dispensa académica.
Na seguinte ligazón poderán consultarse unha colección de guías temáticas que ofrecen propostas e exemplos de boas prácticas na incorporación da docencias sen nesgos xénero.
Axuda para incorporar a perspectiva de xénero na docencia universitaria nos diferentes ámbitos
Inclúense fórmulas inclusivas de referirse ás persoas nas Guías docentes. Trátase de priorizar a utilización de fórmulas xenéricas inclusivas ou de xénero epiceno.
Orientacións para o uso da linguaxe inclusiva nas guías docentes
Cando un/unha PDI quere engadir unha referencia bibliográfica nunha das súas guías docentes a través do apartado correspondente do Marco Curricular poden darse os seguintes casos:
Todas as guías que estaban publicadas en GADU foron importadas a SIGMA.
Impórtanse os apartados seguintes das guías de Sigma:
Non se importan os apartados:
Como resultado do proceso de importación xérase un informe detallado de importación que debe ser revisado polo PDI da materia antes de proceder a modificar a guía docente. Este informe será facilitado pola persoa que coordine a titulación.
As persoas coordinadoras de titulación engadiranse a un equipo de Teams que se empregará para coordinar toda a información do proceso de elaboración e xestión de guías docentes.
A dirección gadu@udc.gal, atendida polo CUFIE, pódese empregar para realizar consultas técnicas e metodolóxicas. Estas consultas deben indicar o código da materia ou materias en Sigma.
IMPORTANTE: O CUFIE non pode facer cambios no POD polo que estas consultas deben dirixirse ao Departamento responsable da materia.