Información cursos

Cursos dirixidos a:

  • Membros da comunidade universitaria.
  • Público xeral (+16 anos).

Cursos regulares

  • Son cursos cuadrimestrais de 45 ou 60 horas lectivas, dependendo do nivel. 
  • Poderás comezar no curso que sexa máis apropiado segundo os teus coñecementos do idioma.
  • Se es estudante da UDC, estes cursos permítenche obter créditos para convalidalos na túa titulación.
  • En xaneiro, xuño e xullo podes realizar tamén cursos intensivos.
  •  Os exames finais dos cursos en liña realizaranse de forma presencial.

Cursos de conversa 

  • De 15 ou de 30 horas lectivas.

 

Inscrición e matrícula

  • Para acceder á matrícula debes picar no nome do curso que aparece en oferta cursos.
  • Cubre o formulario de inscrición. Cando finalizares, recibirás un email cos teus datos. 
  • Comproba que os teus datos son correctos. Se houber algún erro, ponte en contacto co Centro para corrixilo. 
  • Se os teus datos foren correctos, xa podes pagar a matrícula.
  • Podes optar por pagar a matrícula completa ou en dous prazos (o prezo pode consultarse na ficha do curso).

 

Acceso

Se comezas de cero

Se non tes ningún coñecemento da lingua, debes inscribirte en A1.1. 

Se xa tes coñecementos da lingua

Se non sabes cal é o teu nivel, fai a proba en liña Dialang. Esta proba é orientativa e, de consideralo preciso, o profesor poderá derivarte a outro curso máis adecuado. Para Italiano a proba de nivel é Cal é o meu nivel de italiano?

Se xa fixeches cursos no Centro de Linguas

deberás inscribirte no nivel seguinte ou repetir o nivel se non o tes superado.

 

Diplomas

Asistencia

Para obteres o diploma de asistencia en calquera tipo de curso, é preciso teres realizaro, como mínimo, o 85% das horas do curso.

Aproveitamento

Para obteres o diploma de aproveitamento nos cursos en que se realiza un exame final, é preciso asistires ao 85% das horas lectivas e superares esa proba, en que se valorará o dominio das catro destrezas.

Recoñecemento

Os diplomas de cursos regulares do Centro de Linguas da UDC están recoñecidos polas universidades do Sistema Universitario Galego, pola Escola Oficial de Idiomas e pola Xunta de Galicia.

Os cursos regulares do Centro de Linguas poderán ser recoñecidos por créditos na UDC.

Procedemento de recoñecemento de créditos por actividades nos graos da UDC

 

Devolucións

Para a devolución do importe da matrícula séguense estes criterios:

  • Devolverase o importe íntegro da matrícula cando, por causas non imputables aos usuarios, non se realice a actividade.
  • O Centro pode devolver o importe nos casos que considere xustificados, sempre que se solicite por escrito ao Centro de Linguas presentando o impreso de solicitude de devolución habilitado para estes efectos, até cinco días hábiles despois do inicio do curso.

 Considéranse xustificados os seguintes casos:

  • Cando, após de ter pagado a matrícula dun curso, se asine un contrato laboral implique incompatibilidade horaria con este curso. Debe achegar copia do contrato
  • Por causa de accidente ou doenza que imposibilite seguir con regularidade o desenvolvemento do curso. Debe achegar xustificante médico.
  • Por coincidencia con exames oficiais da UDC. Debes achegar xustificante da Institución.

En calquera caso, o Centro de Linguas reterá 12 € en concepto de gastos de xestión pola devolución.

O prazo estimado para recibires a devolución é de un mes desde a entrega por parte do alumno do impreso de devolución.