Galego C1.1
Este curso está orientado ao uso instrumental da lingua galega nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe comezar a adquirir as competencias do nivel C1 (usuario competente, grao inicial do nivel avanzado), dentro dos seis niveis que se distinguen no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
► Para realizar este curso cómpre ter un nivel B2 de galego.
Galego C1.2
Este curso está orientado ao uso instrumental da lingua galega nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe consolidar as competencias do nivel C1 (usuario competente, grao inicial do nivel avanzado), de acordo cos seis niveis que se distinguen no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
► O curso está concibido para alumnado que teña realizado polo menos 345 horas de módulos previos ou que teña superado o nivel C1.1.