B1

Galego B1

Este curso está orientado ao uso instrumental da lingua galega nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe consolidar as competencias do nivel B1 (usuario independente, grao elevado do nivel intermedio), de acordo cos seis niveis que se recoñecen no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

No final do curso, o estudantado saberá desenvolverse con fluidez na maior parte das situacións que poden xurdir na vida cotiá (persoal, académica e laboral), durante unha viaxe ou nunha estadía país de lingua galega.

► O curso está concibido para alumnado que teña realizado polo menos 120 horas do idioma ou que teña superado o nivel A2.