Galego A2
Este curso está orientado ao uso instrumental da lingua galega nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe comezar a adquirir as competencias do nivel A2 (usuario básico, grao elevado do nivel elemental), dentro dos seis niveis que se distinguen no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
No final do curso, os/as estudantes serán capaces de comunicarse con bastante fluidez en situacións comúns da vida cotiá, utilizando expresións de uso frecuente para falar de si mesmos/as e da súa contorna; poderán describir, oralmente e por escrito, acontecimentos, gustos e preferencias, ben como xustificar brevemente opinións e explicar plans.
► Para realizar este curso é necesario ter un nivel A1 de galego