Galego A1
Este curso está orientado ao uso instrumental da lingua galega nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe adquirir as competencias do nivel A1 (usuario básico, grao inicial do nivel elemental), dentro dos seis niveis que se distinguen no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
No final do curso, os/as estudantes serán capaces de participar en conversas sinxelas e comprender expresións básicas relacionadas coa súa contorna e coa vida cotiá.
► Para realizar este curso non é necesario ter coñecementos previos de galego