Alemán B2.1
Este curso está orientado ao uso instrumental da lingua alemaá / francesa / inglesa / italiana / portuguesa nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe comezar a adquirir as competencias do nivel B2 (usuario independiente, grado inicial do nivel avanzado), dentro dos seis niveis que se distinguen no Marco Común Europeo de Referencia para as Longuas.
► Para realizar este curso cómpre ter un nivel B1 de alemán
Alemán B2.2
Este curso está orientado ao uso instrumental da lingua alemá nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe consolidar as competencias do nivel B2 (usuario independente, grao elevado do nivel avanzado), de acordo cos seis niveis que se recoñecen no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
No final do curso, o estudantado dominará as estruturas lingüísticas necesarias para empregar a lingua con destreza na maior parte das situacións cotiás e tamén en situacións pouco previsíbeis; poderá entender textos orais e escritos con certa complexidade e será capaz de defender distintos puntos de vista sobre cuestións xerais.
O Centro de Linguas é centro colaborador do Goethe Institut e presenta ao seu estudantado á convocatoria oficial que ten lugar na Coruña no mes de xuño. No caso de que a maioría dos/das estudantes queiran realizar o exame oficial do nivel B2 do Goethe Institut, ao longo do curso prepararase o alumnado para esta proba.
► O curso está concibido para alumnado que teña realizado polo menos 360 horas de módulos previos ou que teña superado o nivel B2.1.