Actividades desenvoltas polo CEIO INEFG-UDC
- Organización de actividades académicas na universidade, as cales han de ter unha relación directa coa creación ou difusión do coñecemento olímpico: cursos, xornadas, foros, seminarios...
- Colaboración na realización de Traballos Fin de Grao, Traballos Fin de Máster, e Teses doutorais e proxectos de investigación no ámbito do deporte e olimpismo.
- Publicación de artigos académicos, cursos, conferencias, seminarios. Xestionando de forma especifica a Colección Libros de Bastiagueiro da Facultade.
- Participación en foros nacionais e internacionais sobre olimpismo e deporte.
- Deseño do informe anual de actividades ao final de cada ano (académico), xunto cun programa das actividades previstas para o ano seguinte.
- Mensaxes (vídeos) de diferentes persoas (profesores, dirixentes, deportistas, adestradores, xuíces...) sobre aspectos precisos do Movemento Olímpico.
- Impulsar a sección de olimpismo na Biblioteca da Facultade
- Proxectos como la Galería Olímpica de Galicia, exposicións gráficas, concursos de fotografía, premios e recoñecementos. Xestionando de forma especifica a Aula dosa Olímpicos Galegos da Facultade.