Para ser incluída na orde do día da reunión ordinaria do CEID, a solicitude deberá ser enviada con data límite do día vinte e cinco do mes anterior.
Se a documentación estivera incompleta, o CEID-UDC informará á persoa solicitante para que o emende. A data de solicitude considerarase aquela na que o CEID-UDC reciba a totalidade da documentación requirida.
Tras a reunión, o CEID-UDC disporá dun prazo non superior a dez días hábiles para emitir o informe correspondente.
No caso de informe Non favorable, a persoa investigadora dispón dun prazo máximo de dous meses, para remitir ao Comité unha solicitude de revisión na que se emenden deficiencias advertidas. De non presentarse dentro do prazo, o proxecto considerarase desfavorable.