Cátedra Itg-Citic en Tecnoloxías de Aeronaves non Tripuladas

Mediante esta Cátedra ITG e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicacións (CITIC) colaborarán en proxectos de investigación en tecnoloxías relacionadas coas aeronaves non tripuladas, (drons). Ademais traballarán noutros aspectos como a xeración de prácticas curriculares de alumnado da UDC na empresa.  

Esta Cátedra está enfocada cara ao posicionamento conxunto entre a Universidade e o ITG como referentes no desenvolvemento de tecnoloxía en materia de aeronaves non tripuladas.

Ademais, fomentarase o coñecemento deste campo entre o alumnado da Universidade tanto de grao como de posgrao para impulsalos cara unha especialización e profesionalización no sector dos drons, reforzando a presencia de talento no sector.

 

Ano de creación: 2021

Entidade colaboradora: Instituto Tecnológico de Galicia (ITG)

Director/a: Marcos Ortega Hortas