Cátedra Ghenova Industria 4.0

En xuño de 2021 formalizase a creación da Cátedra Ghenova UDC de Industria 4.0. entre Ghenova e a Universidade da Coruña.  Preséntase como unha nova etapa de transformación industrial, e implica a promesa dunha revolución que combina técnicas avanzadas de producción e operacións con tecnoloxías intelixentes, que integraránse nas organizacións, as persoas e os activos.

A Cátedra Ghenova-UDC ten como obxectivo fomentar actividades de formación relacionadas coa industria 4.0., e as novas tecnoloxías implicadas como a robótica, analítica, intelixencia artificial (IA), tecnoloxías cognitivas, nanotecnoloxía e internet das cousas (Iot), así como desenvolver novo coñecemento mediante a investigación nestas áreas.Tamén fomentarán actividades de divulgación nas empresas e a comunidade universitaria sobre a transformación industrial 4.0.. En particular fomentaráse a relación de colaboración co Instituto Panamericano de Enxeñaría Naval (IPIN), que engloba as institucións iberoamericanas neste ámbito. 

 

Ano de creación: 2021

Entidade colaboradora: Ghenova

Director/a: Luis Carral Couce

Páxina web: https://www.fundacion.udc.es/site.asp?id=81&idioma=GA