Cátedra de la Empresa Familiar

A Cátedra Empresa Familiar da Universidade da Coruña nace no ano 2005 a través dun convenio de colaboración entre a Universidade e o Instituto da Empresa Familiar, co patrocinio da antiga Caixanova, Inditex e a Asociación Galega da Empresa Familiar.

Este acordo recoñeceu a especial transcendencia e importancia estratéxica da empresa familiar para a economía e a sociedade española, e en particular para Galicia. A cátedra impulsouse co obxectivo de favorecer a docencia, a investigación e a transferencia de coñecemento sobre as características diferenciais das empresas familiares e os distintos problemas que afectan á súa xestión e crecemento.

 

Ano de creación: 2005

Entidade colaboradora: Inditex e a Asociación Galega da Empresa Familiar

Director/a: María Berta Rivera

Páxina web: https://empresafamiliargaliciacatedras.es/