O sitio en que te sitúas denomónase A Cortiña. Con este termo xa desde o galego medieval se designan as terras de cultivo que se localizan a carón das casas. Neste caso refírese ao conxunto de pequenas leiras que estaban á beira da aldea de Elviña. No lugar de Castro hay tamén rexistrado un topónimo A Cortiña. O val de Elviña foi historicamente un lugar de producion hortícola e por iso é común a presenza de topónimos ligados á agricultura como, por exemplo, A Grela (diminutivo de agra) ou A Agra do Bico, que nomean extensos terreos de labranza.