ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR

Campus de Esteiro, Rúa Mendizábal s/n – 15403 Ferrol (A Coruña)       

WEB EPS

GRAO EN ENXEÑARÍA EN TECNOLOXÍAS INDUSTRIAIS

240 créditos

O grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais é o grao máis xeneralista de todos os graos en Enxeñaría, onde a formación é moito máis variada e menos específica, permitindo formar profesionais con capacidade para deseñar, construír, manter e xestionar equipos e instalación industriais.

O seu carácter multidisciplinar permite a inserción laboral en calquera sector da industria e adaptarse as cambiantes necesidades que demanda o mercado laboral tanto nacional como internacional pois a docencia neste grao pon especial énfase nesa xeneralidade e complementarialidade dos estudos en tódolos aspectos, técnicos, económicos, lexislativos, xeográficos...

MÁIS

GRAO EN ENXEÑARÍA MECÁNICA

240 créditos

O grao en Enxeñaría Mecánica é un grao con atribucións profesionais, que habilita para a realización de traballos no ámbito da Enxeñaría Industrial e especificamente en mecanismos, estruturas, procesos de fabricación, instalación, montaxe, mantemento e instalacións industriais, nun entorno creativo co persoal multidisciplinar e plurilingüe que aportaran ferramentas de compresión e resolución así como valores de compromiso social e medioambiental.

MÁIS

GRAO EN ENXEÑARÍA NAVAL E OCEÁNICA

240 créditos

O grao en Enxeñería Naval e Oceánica proporciona ao alumno a capacidade de abordar o conxunto do proxecto de buques e artefactos oceánicos, dende embarcacións de recreo ate grandes estruturas offshore, incluíndo a totalidade do proceso do deseño e construción do casco, sistemas de propulsión e sistemas auxiliares. Ademais de no campo do deseño e construción naval, esta titulación abarca tamén o resto do sector marítimo: mantemento e reparación de buques, xestión portuaria, administración pública, investigación e desenrolo, náutica de recreo e competición, etc. É unha titulación cuxos profesionais están moi demandados, tanto dentro do propio sector como noutras especialidades da enxeñaría, e cuxos egresados presentan unhas taxas de desemprego moi reducidas.

Este grao habilita a profesión regulado de Enxeñeiro Técnico Naval (Orde ministerial CIN/350/2009) coas atribucións profesionais das especialidades de Estruturas Marinas e de Propulsión e servicios do Buque: así mesmo, e xunto co Mestrado en Enxeñaría Naval e Oceánica a cal poden acceder directamente dende esta titulación, habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro Naval e Oceánico (Orde CIN/354/2009).

MÁIS

PROGRAMA DE SIMULTANEIDADE NO GRAO DE ENXEÑERÍA MECÁNICA E GRAO EN ENXEÑARÍA NAVAL E OCEÁNICA

333 créditos

O programa de simultaneidade abre a posibilidade de obter mediante un itinerario especificamente deseñado con 5 cursos de duración dos títulos de grao con competencias profesionais de enxeñeiro técnico.

Este programa ten unha normativa específica que contempla, entre outros aspectos:

  • O itinerario coas materias a cursar de cada titulación.
  • O número mínimo de créditos en cada matrícula.
  • Os recoñecementos que se aplicaran e o momento en que se farán efectivos.
  • O procedemento para abandonar o programa e optar por terminar algunha das dúas titulacións.

MÁIS

ESCOLA UNIVERSITARIA POLITÉCNICA

Campus de Serantes, Avda. 19 de febrero s/n - 15405 Ferrol (A Coruña)

WEB EUP

GRAO EN ENXEÑARÍA ELÉCTRICA

240 créditos

O Grao en Enxeñaría Eléctrica habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Industrial (Orde CIN/351/2009).

Ademais das saídas profesionais, dende a adaptación dos título ao Espazo Europeo de Educación Superior, este grao permite o acceso directo, entre outros, ao Mestrado de Enxeñaría Industrial (Orde CIN/311/2009), titulación académica que habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro Industrial. O estudo está verificado y publicado.

O Grao en Enxeñeria Eléctrica é unha titulación con aplicación práctica na maior parte dos sectores da industria e da sociedade.

Adquirirás coñecementos sobre:

  • Xeneración de enerxía: deseño de parques eólicos, plantas solares térmicas, ciclos combinados a gas, centrais hidráulicas…
  • Transporte de enerxía, liñas eléctricas, subestaciones, centros de transformación…
  • Instalacións: climatización, novas formas de iluminación, domótica…
  • Motores eléctricos, transformadores…

MÁIS

GRAO EN ENXEÑARÍA ELECTRÓNICA INDUSTRIAL E AUTOMÁTICA

240 créditos

O Grado en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro écnico Industrial (Orden CIN/351/2009).

Ademais das salidas profesionais, dende a adaptación dos títulos ao Espazo Europeo de Educación Superior, este grao permite o acceso directo, entre outros, ao Mestrado de Enxeñería Industrial (Orden CIN/311/2009), titulación académica que habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro Industrial. O estudio está verificado y publicado.

O Grao de Enxeñería Electrónica Industrial e Automática é unha titulación con aplicación práctica na maior parte dos sectores da industria e a sociedade.

Adquirirás coñecmentos sobre sistemas electrónicos industriais, automatización de procesos, visualización e control de plantas industriais, robótica, instrumentación e informática industrial, xestión electrónica da energía, domótica, deseño e proxectos industriales.

Ofremcesmoche unha formación adaptada ao mundo laboral:

  • Xuntanzas Tecnolóxicas: un encuentro de empresas de enxeñería, institución e estudantes.
  • Prácticas en empresas: completa tu formación académica con experiencia laboral

É unha das titulacións con maior taxa de emprego, unha profesión cun amplo espectro de saídas profesionais, versátil e multidisciplinar, que se sitúa entre as máis demandadas polas empresas.

VER MÁIS

ESCOLA UNIVERSITARIA DE DESEÑO INDUSTRIAL

Campus de Esteiro, c/Dr. Vázquez Cabrera s/n - 15403 Ferrol (A Coruña)

WEB EUDI

GRAO EN ENXEÑARIA DE DESEÑO INDUSTRIAL DE DESENROLO DO PRODUTO

240 créditos

O deseño industrial, como disciplina, busca integrar dentro dos campos estratéxicos, produtivos e comerciais da empresa, todos aqueles atributos que o futuro usuario valorará nos produtos de forma emocional, funcional e sociocultural. 

O estudo está verificado e publicado.

O estudo renovou a súa acreditación o mércores, 11 de marzo de 2015.

Un dos principais trazos distintivos que caracterizarán esta aposta formativa no campus de Ferrol é a forte interacción co ámbito industrial e empresarial que xa se conseguiu ao longo dos catorce anos de existencia da EUDI. Son numerosos os proxectos de deseño industrial e desenvolvemento de produto, as xornadas, os asesoramentos técnicos e estratéxicos e múltiples actividades que se realizan continuamente no marco de numerosos convenios de investigación e asesoramento, enmarcados na actividade docente, e nos que sempre participa o estudantado de forma activa. Este éxito é posible grazas á súa ampla implicación, ao apoio institucional da Universidade da Coruña e á dedicación, capacidade e especial motivación do profesorado. O nivel de formación alcanzado polo alumnado egresado e a calidade dos proxectos dirixidos na EUDI son o aval óptimo para os axentes institucionais, empresariais e industriais, de todos os sectores, cos que se colabora intensamente.

MÁIS

FACULTADE DE CIENCIAS DO TRABALLO

Campus de Esteiro, c/San Ramón, s/n (Campus de Esteiro) - 15403 - Ferrol (A Coruña)

WEB FCCT

GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS

240 créditos

O Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos pretende a creación de especialistas na defensa e asesoramento de traballadores e empresarios con base en tres piares:

Ofrecémosche un proxecto formativo ilusionante do punto de vista persoal eprofesional. O noso desexo é que aproveites ao máximo todos recursos que poñemos nas túas mans e que che permitirán chegar a ser un/ha profesional altamente cualificado/a.

O estudo está verificado e publicado.

Se consideras que as relacións laborais e os recursos humanos son unha actividade fundamental nos ámbitos individual e colectivo, que xogan un papel decisivo na calidade de vida das persoas e no funcionamento axeitado das empresas e organizacións, o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos ofréceche as ferramentas adecuadas para desenvolveres unha perspectiva multidisciplinar imprescindible para os líderes do mundo do traballo do mañá.

MÁIS

FACULTADE DE ENFERMARÍA E PODOLOXÍA

Campus de Esteiro, c/Dr. Vázquez Cabrera s/n - 15403 Ferrol (A Coruña)

WEB FEP

GRAO EN ENFERMARÍA

240 créditos

O título de Grao en Enfermaría ten como obxectivo a formación de enfermeiras/os xeneralistas con preparación científica, humana e capacidade para:

  • Responder ás necesidades de coidados de saúde das persoas, familias, grupos e comunidades, dende unha percepción integral da persoa.
  • Establecer relacións interpersoais empáticas e eficaces con doentes, familias e equipo de traballo.
  • Actuar baseándose nos principios éticos, respectando os valores e dereitos individuais e mantendo a dignidade persoal.
  • Utilizar o pensamento crítico, a practica reflexiva e a metodoloxía científica.
  • Construír e contribuír ao desenvolvemento persoal, profesional e social.

A formación clínica comeza con prácticas simuladas para o desenvolvemento de habilidades, continuando coas prácticas clínicas en centros asistenciais que permiten integrar e incorporar coñecementos, habilidades, actitudes e valores profesionais e explorar as diferentes realidades asistenciais.

O estudo está verificado e publicado.

O Grao en Enfermaría da Facultade de Enfermería e Podoloxía de Ferrol capacita o titulado para prestar coidados de saúde en distintos ámbitos de atención, tanto públicos como privados. O estudante vai recibir unha ensinanza de alta calidade con metodoloxía apropiada que lle permite adquirir unha perspectiva ampla, gran variedade de ideas, valores culturais diferentes, distintas formas de aprender e, sobre todo, a importancia dun estudo sistemático de problemas e tendencias da sociedade, da saúde e da enfermaría.

Os titulados en Enfermería teñen unhataxas de inserción laboral, segundo o Observatorio Ocupacional da UDC, do 96% no período 1999- 2009.

MÁIS

GRAO EN PODOLOXÍA

240 créditos

Os graduados en Podoloxía pola Universidade da Coruña serán profesionais cos coñecementos, destrezas e aptitudes necesarios para levaren a cabo actividades dirixidas á prevención, o diagnóstico e o tratamento das afeccións e deformidades dos pés, mediante procedementos terapéuticos podolóxicos.

Para iso, estes profesionais terán coñecementos e comprensión das ciencias fundamentais para a saúde, o método científico e unha aprendizaxe elemental relativa á práctica baseada na evidencia e na análise de datos en xeral. Así mesmo, estarán dotados de ferramentas suficientes para continuar progresando a través da autoaprendizaxe e a formación continuada.

O estudo está verificado e publicado.

Segundo o estudo da ANECA sobre a inserción laboral dos titulados en Podoloxía, o ano 2009 o 96,30% dos diplomados no curso 2006/2007 (27/35) estaba a traballar, o 61% por conta allea, o 12% por conta propia e o resto combinando as dúas modalidades.

O mesmo estudo apunta que durante o quinquenio 1999-2003 o 86% destes titulados estaba a traballar nun posto relacionado cos seus estudos de Podoloxía.

MÁIS

FACULTADE DE HUMANIDADES E DOCUMENTACIÓN

Campus de Esteiro, c/Dr. Vázquez Cabrera s/n - 15403 Ferrol (A Coruña)

WEB FHD

GRAO EN HUMANIDADES

240 créditos

O Grao en Humanidades combina dous niveis de coñecemento: un xeral, centrado nas ciencias humanas, cun enfoque interdisciplinar e atención á perspectiva contemporánea; e outro instrumental e aplicado cuxo obxecto é capacitar o alumnado de forma básica para a actividade profesional. Así, os graduados en Humanidades atinxen unha formación versátil que lles permitirá adaptarse a unha sociedade en constante cambio, en que adquirirán coñecementos básicos sobre as grandes correntes artísticas e do pensamento, así como sobre a estrutura diacrónica do pasado e o comportamento das persoas en sociedade.

O estudo está verificado e pendente de publicación.

Os estudos en humanidades eríxense como aqueles que ofrecen habilidades para un amplo uso profesional. Así, alén das competencias xerais vistas no apartado de introdución, a titulación tamén merece interese polas súas competencias específicas, entre as cales cabe citarmos o coñecemento das producións culturais da humanidade; o coñecemento do pasado desde un punto de vista diacrónico; o coñecemento do espazo e o territorio, dos diferentes bens e recursos patrimoniais e dos seus réximes xurídicos; o coñecemento de linguas e culturas clásicas; o coñecemento de linguas modernas e da modernidade en todos os ámbitos culturais e sociais; a avaliación de impactos ambientais e patrimoniais etc.

MÁIS

GRAO EN INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN

240 créditos

A información e a documentación son os núcleos centrais que comparten os profesionais que traballan en bibliotecas, centros de documentación e arquivos, así como os xestores de contidos de todo tipo de organizacións.

O Grao en Información e Documentación está orientado a ofrecer una formación polivalente para a xestión de información, que inclúe a selección, análise e recuperación da información nos máis diversos contextos.

O estudo está verificado e pendente de publicación.

O Grao en Información e Documentación ofrece a formación necesaria para desenvolver con éxito as tarefas que se esperan dos profesionais nos ámbitos relacionados coa clasificación de libros e documentos, as normas de catalogación e clasificación, a organización de bibliotecas e o uso de diversas fontes de información bibliográfica.

Todas as persoas interesadas en recibiren unha formación de calidade nestas tarefas encontrarán respostas ás súas preguntas e inquedanzas no Grao en Información e Documentación.

MÁIS

GRAO EN XESTIÓN INDUSTRIAL DA MODA

240 créditos

O Grado en Xestión da Moda pretende ampliar o coñecemento do estudante e que este adquira competencias sobre a xestión de todas as partes da cadea de valor da industria da moda.

Preséntase como unha aproximación a este sector dende unha perspectiva global que abordará cuestión relativas ao deseño, ao management, á enxeñaría de procesos, aos sistemas de información e sostibilidade co obxecto de especializa aos futuros profesionais que xestionen as empresas do sector da moda.

Os estudos no Grao en Xestión Industrial da Moda perseguen que o alumnado amplíe os seus coñecementos e adquira competencias sobre a xestión de todas as pezas da cadea de valor da industria da moda.

O grado está dirixido a mozos e mozas con inquedanzas, actitude proactiva, interesados no munda da moda e con ganas de desenvolver proxectos internacionais que lles permitan sacar o máximo partido a un grao universitario diferente e esixente baseado nunha metodoloxía baseada na experiencia e activa.

MÁIS