Este Programa de Doutoramento está organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración de profesores da Universidade Complutense de Madrid. Dentro da nova normativa (RD 99/2011), o Programa está dirixido á investigación, o desenvolvemento e innovación (I+D+i) en tres grandes ámbitos temáticos: as Ciencias da Documentación, as Ciencias da Comunicación es as Humanidades. Isto faise dentro do contexto da Sociedade do Coñecemento, de xeito que se teñen presentes os desenvolvementos no campo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) e os cambios no modelo produtivo deica modelos de economía sostible. Coa expresión “Sociedade do Coñecemento” alúdese ao marco do Programa. Enmárcanse aí os compoñentes da sociedade contemporánea actual, tanto na dimensión histórica como na sistemática. Desde xeito, o título do Programa busca ser efectivo: xira en torno á procura efectiva de novas perspectivas nos ámbitos das Ciencias da Documentación, da Comunicación e das Humanidades. Así, xunto á investigación humanística, atende ós tres niveis da investigación científica: Ciencia Básica, Ciencia Aplicada e aplicación da Ciencia, nos dominios temáticos nomeados.

O estudo está verificado e publicado.

Os estudantes poden alcanzar as capacidades necesarias (metodolóxicas e procedimentais) para facer posible a realización, presentación e defensa dunha Tese Doutoral na que se reflicta a obtención de novo coñecemento (básico, aplicado ou de aplicación efectiva) nun ou en varios dos ámbitos temáticos presentados: Ciencias da Documentación (Information Science); Ciencias da Comunicación; Humanidades (principalmente, Filosofía e Historia); e Tecnoloxías da Información e da Comunicación. Isto supón afondar de maneira exhaustiva no coñecemento do estado da cuestión nun ou en varios ámbitos temáticos abordados; e, en principio, propicia sinerxías e transferencia de coñecemento entre ámbitos disciplinares diversos, para acadar a interdisciplinariedade (e, no seu caso, a transdisciplinariedade).