Os obxectivos que se perseguen co Campus Sustentabilidade son os seguintes:
- Fomentar unha docencia de calidade, innovadora e especializada
- Desenvolver unha oferta académica que fomente a innovación, a formación sólida e flexible, adaptada ao mercado de traballo fluído actual con títulos atractivos e competitivos a escala nacional e internacional baseados na especialización e a singularidade.
- Impulsar a formación en liña no ámbito universitario.
- Incrementar a presenza de estudantes estranxeiros situando a Universidade da Coruña como institución punteira na formación para a sustentabilidade.
- Promover a investigación excelente
- Fortalecer áreas de coñecemento que den resposta a retos actuais.
- Establecer áreas emerxentes de desenvolvemento que constitúan o xerme de novas estruturas universitarias a modo de centros de excelencia.
- Establecer liñas de comunicación e sinerxías entre os distintos grupos de investigación que cumpran criterios de excelencia para mellorar a súa competitividade nas distintas liñas de financiamento nacionais e europeas.
- Atraer talento investigador a través dunha maior especialización e dunha estratexia de promoción.
- Captar maior financiamento público e privada, mellorando a capacidade para liderar proxectos europeos de gran escala.
- Incrementar o impacto da Universidade na sociedade
- Impulsar a transferencia e valoración dos resultados.
- Acadar a interdisciplinaridade para dar resposta a problemas complexos das sociedades actuais.
- Consolidar a Universidade como un axente que axude a mellorar a competitividade de sectores profesionais.
- Mellorar o posicionamento da Universidade con axentes e institucións e fortalecer a súa rede de contactos.