A Universidade da Coruña lanza a 2ª edición do curso sobre Sustentabilidade na era do Big Data, que desenvolverase do 17 de febreiro ao 15 de marzo.
O curso ten como obxectivo analizar o desenvolvemento sostible na era do Big Data. Para iso, desenvólvense os tres alicerces fundamentais na consecución deste desenvolvemento: a sustentabilidade ambiental, social e económica.
O módulo 1 céntrase na cuestión ambiental, analizando que son os servizos ecosistémicos, a súa valoración económica e a utilidade do Big Data neste ámbito. O módulo 2 dedícase á área social, distinguindo os distintos modos nos que o Big Data pódese utilizar para que as políticas de desenvolvemento social sexan máis eficientes e sostibles. O módulo 3 céntrase no ámbito económico, abordando o desenvolvemento e a desigualdade económica, e os modelos de produción e consumo.
A novidade desta edición é que permite ao estudante ser protagonista dun universo de ficción trasladándoo ao ano 2050 para facerlle sentir en primeira persoa as consecuencias da acción humana sobre o planeta se non se toman medidas urxentes.
Os estudantes interesados poderán formalizar a súa inscrición a través da plataforma MiríadaX:
https://miriadax.net/web/sostenibilidad-en-la-era-del-big-data
Datas de celebración: do 8 de novembro ao 20 de decembro do 2019
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Dereito (Campus de Elviña s/n)
Duración (30 horas):
Presenciais 15 horas (3 xornadas dunga duración máxima 5 horas)
Elaboración memoria evaluación (15 horas): data límite para a entrega 20 de decembro de 2019
Horario: Venres 8, 22 e 29 de novembro de 09:00 a 14:00 horas
Modalidade: Presencial
Preinscripción e matrícula:
Data de inscripción: do 15 ao 31 de outubro do 2019
Data de matrícula: do 15 ao 31 de outubro do 2019
Precio:
Inscrición xenérica: 50€
Inscrición reducida (desempregados e ex alumnos UDC): 25€
Alumnos e personal UDC: Gratuito
A formación está dirixida ao alumnado, ao profesorado e ao personal de administración e servizos da UDC, así como a profesionais interesados na materia.
A inscrición no curso poderá efectuarse do 15 ao 31 de outubro de 2019 a través do seguinte formulario:
Obxectivo: avanzarmos na formación da comunidade universitaria e da cidadanía nos conceptos básicos da sustentabilidade ambiental e social e desenvolver a súa capacidade para actuar naquelas cuestións hoxe prioritarias.
Programa: conferencias, sesións formativas teórico-prácticas, visitas técnicas, obradoiros e traballo de campo monitorizado e autónomo. Combina actividades individuais e en grupo, e fai uso da vivenda, a cidade e o campus como lugares de estudo e experimentación. Todo isto a través do uso das TICs como ferramentas de xeoreferenciación participativa e traballo en rede.
Contidos: Mobilidade, economía circular, saúde, contaminación, residuos, exposicións, ... as actividades prácticas inclúen o cálculo da pegada ecolóxica, a pegada hídrica, mapas de ruído e consumo de auga, auditorías do consumo de auga e enerxía.
Do 15 de febreiro ao 1 de marzo. Podes escoller o tema, o lugar e o momento da participación.
Inscricións: asistencia libre aos módulos de Conferencias e Ciclo de Cinema Ambiental
Imprescindíbel inscrición previa nos módulos de Obradoiros e Manchando as mans.
Contacto oma2@udc.gal // 981.167.000 Ext. 5626
Certificado de asistencia e aproveitamento pola UDC
Recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: 1C por cada 10 h de participación, seleccionadas de entre calquera das actividades deste e doutros programas de Educación para a Sustentabilidade da OMA.
Asistencia libre
Lugar e horario: Ed. NORMAL (Riazor), de 19 a 21 h
As proxeccións anunciaranse na web da OMA e do Edificio Normal
Do 15 ao 28 de febreiro. Visita libre.