Open Review

Peer Review Week (c) Peer Review Week

F1000Prime: revisión por pares posterior a publicación (post-publication peer review) da literatura biiomédica.

I4OC (Initiative for Open Citations): iniciativa para que as bibliografías dos artigos estén en aberto.

Copernicus Publications:  Plataforma con revisión por pares aberta. Permite publicar os informes para maximizar a transparencia da calidade científica.

Open Peer Review Module (módulo de revisións abertas para repositorios institucionais): desenvolvido co apoio de OpenAire e coa participación dun consorcio de 6 membros dirixido por Open Scholar, integra un servizo superposto de revisión por pares, xunto con un sistema de reputación transparente, por enriba dos repositorios institucionais. Ofrécese gratuítamente como software de acceso aberto

Peer Reviewers’ Openness Initiative: declaración á que os investigadores poden adherirse co compromiso de aplicar durante o proceso de revisión de manuscritos unhas normas acordes cos principios da Open Science.

Peerage of Science,: servizo de balde para a revisión por pares e a publicación.

PeerJ: a  súa misión é axudar ao mundo a publicar eficientemente o seu coñecemento. Proporciona tres lugares abertos de publicación:  PeerJ (unha revista académica peer-reviewed) e Preprints PeerJ (un " servidor de pre-impresión"), centrados nas ciencias biolóxicas e médicas. E PeerJ Computer Science, revista de acceso aberto sobre informática.

Publons:plataforma virtual que rexistra, valida e visibiliza as revisións científicas, permitindo a revisores e revistas crear os seus propios perfís. A súa misión é acelerar a ciencia ao facer a revisión por pares máis rapido, máis eficiente e máis eficaz.

PubPeer: sitio web para a discusión e revisión da investigación científica; permite a revisión por pares posterior á publicación (post-publication peer review).

ScienceOpen: rede de investigación e publicación para compartir e avaliar información científica. Por unha banda, agrega artigos de acceso aberto a partir dunha variedade de fontes - abrindoós para o seu comentario e discusión; por outra, publica en acceso aberto os manuscritos recibidos, posteriormente avaliados nun proceso de revisión por pares transparente.

The Winnower: plataforma de edición académica en acceso aberto que emprega un sistema aberto de revisión por pares posterior á publicación (open post-publication peer review)