A nosa colección bibliográfica recolle a bibliografía recomendada das materias dos graos e mestrados que se imparten no centro.
Os exemplares impresos ou electrónicos da bibliografía recomendada, pódense localizar polo nome da titulación dende o catálogo en liña (Crunia), facendo a busca polo nome da materia (en galego), o código da materia, ou o profesorado. Podes consultalos nas guías docentes.
Os exemplares impresos que son bibliografía recomendada levan unha marca identificativa amarela no lombo coas iniciais BR.
Podes acceder á bibliografía recomendada en Crunia picando en cada titulación e buscando as materias do teu interese: