A Biblioteca presta especial atención ao asesoramento á comunidade universitaria nas actividades relacionadas coa investigación. Tes á túa disposición unhas guías de investigación (infoguías) moi útiles, que a Biblioteca Universitaria elabora e actualiza.
A Biblioteca ofréceche tamén unha selección de recursos de apoio á investigación e de apoio ao aprendizaxe.
O noso apartado de "Guías e titoriais" contén tamén documentos útiles para a investigación (por exemplo, guias sobre JCR ou sobre os sexenios de investigación).
Se o que necesitas é axuda nunha procura bibliográfica, podes solicitala cubrindo este formulario.
Fainos chegar calquera solicitude de asesoramento a través do correo electrónico biblioteca.nauticaemaquinas@udc.gal