Servicio aberto a toda a comunidade da Facultade de Informática (PDI, estudantado, investigadores, PTXAS e autorizados externos).
Ademáis do formulario de compra, tamén nos podedes mandar un correo directamente a informatica.bib@udc.gal indicando a vosa solicitude de compra.
Dende xuño de 2024, calquera membro da comunidade universitaria (PDI, alumnado) - así como os autorizados externos - pode utilizar o formulario de adquisicións dispoñible dende o Catálogo Crunia (no menú superior).
Pediravos que iniciedes sesión (PDI, alumnado e PTXAS). Unha vez dentro só teredes que cubrir o formulario. No caso do profesorado, por favor, indicade se o libro vai formar parte ou non da bibliografía recomendada e, en caso de que si, a que materia correspondería.