Aquí vos presentamos algunhas revistas de principios do século XX que pertencen á nosa colección.
La Construcción moderna. Revista quincenal ilustrada de Arquitectura. Publicación da que conservamos un dos números máis antigos da nosa Biblioteca. En concreto, o número que estades a ver correspondente ao ano 1907. Editada en Madrid, nos nosos fondos temos os anos 1907-1930, así como o ano 1932. Na Hemeroteca Dixital da Biblioteca Nacional podedes consultar o texto completo de todos os números da revista, publicados entre 1903 e 1936.
Arquitectura y construcción. Editada en Barcelona, esta revista publicouse entre 1897 e 1922. Temos todos os números da revista entre os anos 1907 e 1918, así coma os números correspondentes ao ano 1922. Na Hemeroteca Dixital da Biblioteca Nacional podedes consultar o texto completo de todos os números da revista, publicados entre 1897 e 1922.
Arquitectura. Revista mensual. Órgano Oficial de la Sociedad Central de Arquitectos. Publicación editada en Madrid dende 1918 ata 1936. Posteriormente sufriu diversos cambios no nome da revista ata chegar a súa versión actual, Arquitectura: revista de arquitectura y urbanismo del Colegio Oficial de Arquitectos de Madrid (2013). Na nosa colección temos os números correspondentes aos anos 1918-1933. Na Hemeroteca Dixital da Biblioteca Nacional podedes consultar o texto completo de todos os números da revista, publicados entre 1918 e 1936.
Architecture: the professional architectural monthly. Unha das revistas de Arquitectura máis importantes da súa época e posteriormente absorvida varias veces. O seu nome actual é "Architectural Record". Na nosa colección atópanse boa parte dos números publicados entre 1922 e 1936. Podedes acceder á versión dixital dalgúns dos seus números a través do proxecto Internet Archive.
Arts & Architecture. Publicada entre 1929 e 1967 en Los Angeles (EEUU), cumpliu un importante rol no desenvolvemento do modernismo na Costa Oeste (Wikipedia). Na nosa colección temos unha reedición facsímil dos anos 1945-1954.
Wasmuths monats hefte für Baukunst. Dixitalizada pola Zentral- und Landesbibliothek Berlin , aquí podedes consultar o texto completo dos números da revista, publicados entre 1914 e 1931.