Revistas a texto completo

Nesta páxina poderedes consultar as revistas de Arquitectura máis importantes tanto a nivel nacional coma  internacional ordeadas polas principais áreas de estudo.

A idea é ofrecer unha serie de títulos básicos que vos axuden tanto na realización dos traballos académicos como a orientarvos nun primerio momento de contacto coa literatura científica e profesional.

A súa selección baséase nunha combinación de criterios: pertinencia temática, calidade e acceso ao texto completo.

As fontes principais para a súa selección foron:

É importante habituarse a ler literatura profesional dende os primeiros cursos, xa que estas publicacións complementan a información máis académica e teórica que se recibe na clase e acercan ao estudante a realidade do mercado laboral así coma a toma dunha conciencia temprana dos distintos perfís profesionais existentes.
 

 Debuxo para a sección de revistas de ArquitecturaARQUITECTURA
 imaxe de Nova York 1900URBANISMO
 imaxe de Judith Caravaggio ARTE
 Imaxe para a sección das Revistas de Estrutura ESTRUTURAS

Dereitos de autor das imaxes:

Debuxo da sección de Arquitectura creado por Julio José Guardado Díaz (2003). Creative Commons, algúns deretos reservados.

Imaxe da sección de Estruturas. Procedente do proxecto Pixabay con licenza Creative Commons de Dominio Público.