A nosa hemeroteca

Si, as revistas electrónicas están moi ben, podemolas consultar no noso móvil, portatil, ordenador. Pero en Arquitectura existe aínda unha grande cantidade de revistas profesionais que só se poden consultar en papel. E algunhas delas son o melloriño que podemos votarnos aos ollos para coñecer os últimos traballos dos grandes arquitectos galegos, españois e internacionais.

Na nosa hemeroteca podes atopar algúns dos grandes títulos de consulta imprescindible na nosa área: o Croquis, AV Monografías, a+u, The Japan Architect, Urbanisme, etc. Nesta páxina mostrámosche o fondo de revistas que poderás atopar nas nosas salas de acceso libre.