GUÍAS E TITORIAIS

Elaborados polo persoal da biblioteca para facilitar o uso de recursos específicos da área de Enxeñería

SESIÓNS FORMATIVAS PARA ALUMNADO

A biblioteca oferta varias sesións anualmente. Convócanse a través da Subdirección de Estudantado e Difusión da EPEF, nas RRSS e canal de Whatsapp. Son presenciais e computan como créditos optativos para os títulos de grao. A duración é dunha hora, aproximadamente. Atención ás convocatorias!

Formación en competencias básicas: para aprender a utilizar o catálogo, consultar bibliografía recomendada dispoñible, xestión do perfil persoal, recursos electrónicos…etc.

Apoio na elaboración do TFG/TFM: para coñecer os recursos de información dispoñibles para a elaboración do TFG/TFM.

Citas, referencias, bibliografías: para aprender a manexar referencias e citas bibliográficas a través dos xestores bibliográficos postos a disposición pola UDC e que serven como apoio para a elaboración de traballos de clase.

Busca de normativa técnica: bases de datos AENOR, I2I, IEEE