Consulta en Crunia todos os recursos (libros, revistas, artigos, capítulos, teses...) electrónicos e impresos dos fondos da Biblioteca da UDC.
Por motivos técnicos, a meirande parte de revistas de La Ley, ainda que son atopables no catálogo, é preferible buscalas na base de datos La Ley Digital 360 e outro pequeno lote (Colección Todo, Repertorios e Jurisprudecia e Legislación laboral) necesitan contrasinais e son de acceso local. Para consultar estas últimas publicacións achégate ao mostrador da túa biblioteca.
Podes acceder á bibliografía recomendada das túas materias polo nome da titulación aquí.
Ofrecémosche unha listaxe das revistas en papel que aínda están en curso/publicación que encontrarás dispoñibles na Hemeroteca da Biblioteca de Dereito.
Listaxe das revistas electrónicas suscritas polo Servizo de Biblioteca. Poderás acceder a través das páxinas dos diferentes editores.
Scopus é unha base de datos bibliográfica de resúmenes e citas de artigos de revistas científicas. Contén información relativa a máis de 35.000 títulos de todas as áreas. Inclúe, ademais das revistas, series monográficas, actas de congresos, libros (baleirados a nivel de libro e capítulo) ou patentes.
A cobertura temporal abrangue dende 1996 aínda que en ocasións pódese remontar a 1823.
Ademais de proporcionar información bibliográfica, Scopus ofrece ferramientas bibliométricas que miden o rendimiento de publicacións e autores, baesadas no reconto de citas recibidas por cada artigo.
Podes crearte un perfil que ademáis de ás buscas de información che permite disfrutar de funcionalidades extra como gardar referencias e buscas, exportarlas e crear alertas.
Web of Science é unha plataforma multidisciplinar de Clarivate á que se accede a través da licenza nacional xestionada por FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía). Este recurso está formado por unha amplia colección de bases de datos bibliográficas, citas e referencias de publicacións científicas de calquera disciplina do coñecemento. Proporciona información bibliográfica e acceso ao texto completo aos recursos electrónicos subscritos pola biblioteca (dos que non hai suscrición accedes aos datos bibliográficos). Ademáis permite avaliar, analizar o rendemiento e a calidade científica da investigación.
Para iso utilízase unha única interface de consulta, de forma individual ou a varias bases simultáneamente.
Podes crearte un perfil que ademáis de realizar buscas de información che permite disfrutar de funcionalidades extra como gardar referencias e buscas, exportalas e crear alertas.
Esta potente base de datos de lexislación europea, estatal e autonómica, contén Jurisprudencia, Doctrina (proviñente de órganos consultivos), Legislación consolidada, Convenios colectivos, Formularios, Opinión, Experta, Enciclopedia, Índices especializados e ata Calculadora e a busca pódese realizar a través dunha caixa de busca sinxela, unha busca avanzada ou acudiendo a cada apartado.
Permite 90 usuarios concorrentes.
Podes consultar esta guía de uso para sacarlle o máximo proveito.
Esta base de datos ofrece acceso ao texto completo dunha gran cantidade de revistas de Dereitoo, obras clásicas, publicacións legais das Nacións Unidas e constituciones do mundo.
A UDC dispón dun número ilimitado de licenzas polo que non hai límite de usuarios concorrentes.
La Ley Digital 360 é un sistema de información xurídica en liña, que presenta un amplísimo contido actualizado continuamente e que tamén che permite acceder ao repertorio de revistas de Wolters Kluwer - La Ley na Legalteca e ao buscador de diariolaley. Consulta no mostrador da biblioteca para poder acceder a este recurso.
As revistas dispoñibles a través da base de datos serían as seguintes.
* Nota: se hai algunha revista que non atopas ou che dan problemas consulta o apartado de Revistas La Ley-Aranzadi de acceso local da nosa listaxe de Recursos de información.
Permite acceder, ademais de ás ditas revistas, a estes outros recursos:
Esta base de datos da acceso a toda a base de coñecemento xurídico de Lefebvre dende unha única plataforma con funcións de intelixencia artificial.
O módulo de Xurisprudencia contén sentencias de TS, TC, AN Audiencias Provinciais, TSJ, DOUE, DOCE e Xulgados, Lexislación estatal, autonómica e europea, proporcionando acceso aos textos básicos permanentemente actualizados e as súas versións consolidadas, orixinal e intermedia. Ademais conta con: máis de 10.000 Formularios en todas as materias; unha ampla recopilación de artigos doctrinais en Bibliografía a texto íntegro; convenios estatais, autonómicos e locais integrados co resto de contido; un Diccionario Jurídico de máis de 2.500 termos; esquemas procesais civís, sociais, concursais, contenciosos-administrativos e constitucionais. Asimesmo tense acceso aos 48 Mementos, 8 Actum e a Revista de Jurisprudencia.
Da acceso a 3 usuarios concorrentes polo que é importante lembrar saír da plataforma tras o seu uso.
Plataforma dixital desde a que se pode acceder aos libros publicados pola editorial Tirant Lo Blanch e adquiridos pola Biblioteca, en formato electrónico. Todos estes exemplares están dispoñibles desde o catálogo da Biblioteca, no que atoparás un enlace ao Texto completo en formato dixital ademais de poder solicitar o exemplar en papel.
Tamén podes acceder á lexislación e xurisprudencia estatal e autonómica e a bibliografía e formularios que se actualizan de forma permanente.
Prové un acceso limitado a 3 usuarios concorrentes polo que é moi importante desconectarse da sesión ao saír para permitir a utilización da plataforma ao resto de usuarios. É necesario rexistrarse en Tirant para imprimir.
Portal xurídico de lexislación, xurisprudencia, formularios, actualidade, etc. sobre responsabilidade civil, seguro e tráfico.
Esta plataforma require de usuario e contrasinal para acceder á información completa (texto completo). Pregunta no mostrador de la biblioteca para utilizalas nos ordenadores locais.
Esta base de datos ofrece acceso directo a miles de bases de datos que abarcan dende temas legais, a noticias de interese e negocios de todo o mundo; ademais conta con más de 13.000 fontes de noticias internacionais, e fontes comúns a varios países de todo o mundo. Por países comprende:
Os libros que a Biblioteca de Dereito compra en formato DUO de Aranzadi inclúen versión en papel e electrónica. A editorial Aranzadi non permite a consulta remota da versión electrónica destes libros, polo que se o libro en papel está prestado e o necesitas, podes consultarlo de maneira local nos nosos ordenadores. Só tes que acudir ao mostrador para solicitar o acceso.
O libros en papel que teñen esa opción amosan no catálogo un aviso de que están dispoñibles en liña (neste caso refírese ao formato electrónico local) a través da seguinte texto que aparece no seu rexistro:
Texto completo. (Acceso dende a Biblioteca. Consulte no mostrador de préstamo)
A Agencia Estatal - Boletín Oficial del Estado na súa páxina web recolle varios recursos como son Libros, Códigos, Códigos universitarios, Material de oposicións e anuarios e revistas.
Base de datos española de Teses onde se recolle o rexistro bibliográfico de todas as teses presentadas en España dende 1976.
Permite buscar por título, palabra chave, autor, directores e universidades.
Atopa información académica relevante e pertinente a través deste buscador global.