ORCID: un sistema global para la identificación de investigadores
Consol García-Gómez
Univesidade de Cantabria
Cómo completar mi registro ORCID
Universidade de Málaga
Ten things you need to know about ORCID right now
Impactstory
Persistent, Global Identity for Scientists via ORCID
Evrard A.E. et al.
Importar nuestra producción científica desde Dialnet a ORCID mediante fichero BibTex
Biblioteca da Universidade de Cádiz
Importación de información bibliográfica desde Scopus al registro ORCID
Biblioteca da Universidade Pablo Olavide
ORCID é unha organización sen ánimo de lucro que ofrece un sistema para a identificación inequívoca dos investigadores (baseada nun identificador e perfil) ademais dun método transparente para vincular as actividades de investigación que actualmente se está a postular coma o novo DNI dixital dos científicos.
Ademais do código identificador de 16 díxitos, ORCID facilita unha páxina web (perfil) a todos os investigadores rexistrados onde o autor pode ir reunindo a súa produción científica nun currículo académico e profesional.
As publicacións en ORCID aliméntanse da sincronización a través de APIs con algunhas plataformas (Researcher ID, Scopus ID) e da entrada manual de información por parte do investigador a través do módulo “Agregar” que permite Buscar e enlazar en algúns recursos (CrossRef, The Lens…), engadir través do DOI ou PubMed, importar un arquivo BibTex ou engadir manualmente.
Ademais, na columna esquerda pódese enlazar a outros perfís (Dialnet, GS, o Portal da Investigación, web persoal do autor ou grupo de investigación, redes sociais académicas, etc…)
Aquí podedes consultar un exemplo de rexistro ORCID.
Calquera autor pode crear unha conta dende a páxina de ORCID, de forma libre e gratuíta e conseguir en menos dun minuto o seu identificador. De todas maneiras, animámosvos a encher o voso perfil co máximo cuidado e detalle posible (biografía, filiación, correo electrónico, links a outros perfís, palabras chave, cada un dos apartados...). Consultade a infoguía da UDC sobre ORCID para sacarlle o máximo partido.
Dende a Biblioteca ofrecemos un servizo de asesoría personalizado: axuda para a creación de rexistros, sincronización con outros identificadores, etc.
Contacta coa Biblioteca.
Ext: 1509,1517.
biblioteca.dereito@udc.es