Identificación e currículo

Unha correcta identificación no mundo académico pasa hoxe en día pola elección dunha "sinatura normalizada", pola asignación homoxénea da filiación institucional e polo uso dun identificador persistente coma ORCID.

 
A sinatura e a filiación

O uso dunha "sinatura normalizada" é fundamental sobre todo no caso de publicar traballos en revistas internacionais, pero tamén para autores con apelidos comúns. Por outra banda, encher correctamente o campo de filiación institucional (para a UDC sempre será en galego coa forma "Universidade da Coruña"), non só facilita a identificación persoal senón promove unha mellor avaliación institucional da nosa universidade coa consabida subida nos rankings e obtención de fondos.

 

Perfís orientados á identificación e a reunir o noso currículum/produción científica
  • Rexistrarse en ORCID e incorporar o seu identificador (DNI dos investigadores) na firma habitual ademáis de no currículo, Portal da investigación, páxinas web, etc.,  garante unha identificación unívoca e universal. O uso deste identificador será cada vez máis necesario para a interacción con plataformas de avaliación, bases de datos, repositorios institucionais, etc.
  • En ORCID e no Portal da investigación da UDC temos que procurar reunir toda nosa produción científica e currículum académico para centrar neles a nosa información e os vínculos coas outras plataformas onde estamos presentes.