Os indicios de calidade ao nivel do medio de difusión tratan de proporcionar información sobre o impacto ou importancia da revista ou da editorial que publica a achega no contexto do seu ámbito do saber, así como información sobre a calidade dos seus procesos editoriais e o seu grao de internacionalización.
Estas son algunhas das fontes que podes utilizar para obter os ditos indicadores:
Lembra que algúns destes datos, os máis importantes, podes obtelos (de existir) de maneira sinxela no Portal da investigación da UDC, consultando cada unha das achegas (visita o teu perfil, apartado Resultados, despregando os Indicadores (premer en Ver indicadores).