Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso - administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar dende o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co art. 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un Recurso de reposición perante o mesmo órgano que ditou o acto (reitor, Consello Social, Consello de Goberno ou Claustro), no prazo dun mes, de acordo co establecido nos arst. 116 y 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), que está modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).