Recital Amergin

Festa Amergin da Poesía Atlántica na Coruña

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda coa colaboración do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses Amergin da UDC organizan a Festa Amergin da Poesía Atlántica na Coruña, un evento que comezou a se celebrar en 2019 e que se inspira nas referencias a Galiza contidas na Canción de Amergin, poema fundacional da literatura irlandesa.

Este acto enmárcase dentro da traxectoria investigadora e de divulgación cultural sostida polo Instituto de Estudos Irlandeses dende a súa fundación, no ano 2004, e que pretende observar, analizar e promover os puntos de encontro entre a cultura irlandesa e a cultura galega.