Entroncado no Instituto Universitario de Investigación en Estudos Irlandeses, Amergin, este grupo de investigación (Código UDC G000224) explora as diversas manifestacións culturais e sociais da Irlanda contemporánea, atendendo ao seu desenvolvemento histórico e político, ás súas etapas literarias e ao seu impacto nas sociedades europeas e Atlánticas.
As proxeccións do grupo "Estudos Irlandeses" nesta aproximación investigadora son diversas, destacando o interese polas relacións entre Irlanda e Galicia, entre Irlanda e Escocia, e entre a literatura, a música e o cine de Irlanda, pero tamén se estudan as culturas irlandesas como parte das linguas e literaturas minoritarias das Illas Británicas e da Área Atlántica, a economía irlandesa do século XXI, a estructura do seu turismo, e o desenvolvemento tecnolóxico de Irlanda así coma o seu tecido empresarial.
Ademais, o GI de Estudos Irlandeses aglutina o traballo investigador desenvolvido nos catro Observatorios culturais auspiciados polo Instituto de Estudos Irlandeses: CSSAN (Cultural Studies, Society, and Alternative Narratives); OBANZ (Australian and New Zealand Studies); OPIRET (International Policy and Transcultural Relations); e SAOR (Scotland/ Alba Observatory for Research).
Pódense consultar os datos oficiais do grupo no Catálogo de Investigación da Universidade da Coruña, seguindo a ligazón que aparece a continuación:
Grupo de Investigación de Estudos Irlandeses
Contact us:
GI en Estudios Irlandeses
Instituto Universitario de Investigación en Estudios Irlandeses, Amergin
Facultade de Filoloxía, despacho 304
Rúa Lisboa 7
Campus da Zapateira
15008 A Coruña (España)
(0034) 881011889 (Office)
(0034) 881011751 (Eduardo Barros Grela, RG Coordinator).