Historia

A asociación Alumni UDC é resultado da iniciativa dun grupo de ex estudantes da UDC, de titulacións heteroxéneas, que, co impulso da Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade, ten como obxectivo o fomento das relacións dos antigos estudantes entre si e destes coa propia UDC. E iso a través da organización e execución de diferentes actividades de índole formativa, cultural e de interese social. En suma, pretende erixirse nun foro aberto de confluencia de todas aquelas persoas, antigos estudantes e colaboradores da UDC, que queren manter vivo o vínculo coa Universidade e a súa comunidade.

Como tal, a asociación Alumni UDC constitúese formalmente o 29.09.2020 e áchase inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia desde o 17.11.2020. Nesta fase inicial os traballos preparatorios foron desenvoltos polos promotores da asociación. Con todo, chegou o momento de ampliar as bases e de que a xente que poida estar interesada no proxecto poida sumarse ao proxecto.