Participación

Poderá participar alumnado de Doutoramento, que se atope realizando a súa tese en Didáctica das Ciencias Experimentais en universidades de España e Portugal. Deben estar avalados por un socio/a. Recomendase que non sexa nin moi ao principio da tese, nin moi ao final. Deben dispoñer de resultados preliminares. O número de prazas é de 20.

As solicitudes deben ir acompañadas dun resumo da investigación de doutoramento en canto a: a) Pregunta/s de investigación e resumo do estudo (outline); b) Marco teórico e revisión bibliográfica; c) Metodoloxía e deseño do estudo; d)Resultados preliminares e e) bibliografía.

As propostas terán unha extensión de 5 páxinas (2000 palabras máximo), en Times New Roman tipo 12

O envío da proposta, en documento Word (5 páxinas) farase a mrjimene@ual.es antes do 19 de marzo.

O comité organizador realizará a avaliación das propostas utilizando como criterios: a) claridade das preguntas; b) calidade do marco teórico; c) rigor do deseño; d) existencia de resultados preliminares e coherencia global. Antes do 30 de abril comunicarase a aceptación ou non da proposta enviada.