A participación nos 28 edce poderase facer mediante a presentación de comunicacións orais ou en póster que serán avaliadas polo Comité Científico. Tamén poden propoñerse Simposios.
As comunicacións orais serán agrupadas segundo a liña temática á que pertencen e serán presentadas en salas simultáneas.
As presentacións faranse en aulas equipadas con ordenador, canón de proxección e conexión á rede de Internet.
Os autores disporán de 15 minutos para a exposición e 5 minutos para o debate. Para o bo transcurso dos 28 edce os materiais deberán estar preparados antes da presentación, así como axustar o tempo previsto para a mesma.
O moderador da sesión será a persoa que actúe en primeiro lugar.
Os pósters, agrupados segundo á liña temática á que pertencen, serán expostos en salas simultáneas en sesións específicas.
Ao inicio da sesión os autores, fronte ao seu póster, disporán de 5 minutos para expoñer o seu contido. A continuación deberán atender aos asistentes que o soliciten.
O póster terán formato DIN-A0 -aproximadamente 120 cm (vertical) e 85 cm (horizontal). Serán os propios autores quen instalarán os pósters, e para elo contarán coa axuda das persoas asignadas pola organización.
A sesión dun simposio celebrarase simultaneamente e coa mesma duración que unha sesión de comunicacións orais. O simposio debe presentarse en relación cunha das liñas temáticas do congreso. Deberá contar con:
Cada sesión de simposio incluirá:
A organización concreta da sesión e os tempos asignados a cada autor/a corresponderá ao coordinador/a, procurando en todo caso fomentar o debate sobre as aportacións.