Cursos

PROGRAMA MELLORA DA EMPREGABILIDADE NOS CENTROS DA UDC 2017/2018


A asistencia aos tres módulos formativos cunha duración de 10 hs., dará a posibilidade ao alumnado de solicitar 1 crédito ECTS.

Este programa constará de tres módulos formativos:

MÓDULO 1.-  SEMINARIO DE FOMENTO DA CULTURA EMPRENDEDORA – 3HS.
Terá como obxetivo difundir como se xeran as ideas empresariais e poder romper os mitos sobre a figura do emprendedor/a, amosando que calquera persoa con gañas e esforzo, pode convertir a súa idea nun proxecto empresarial. O contido formativo versará sobre a explicación da figura do emprendedor/a, a idea de negocio e a posta en marcha. Este formación teórica complementarase cunha dinámica sobre a metodoloxía de xeración de modelos de negocio – Canvas.


MÓDULO 2.-  SEMINARIO ORIENTACIÓN LABORAL: INTRODUCIÓN AOS PROCESOS DE SELECCIÓN DAS EMPRESAS- 3 HS.
Axuda para desenvolver as competencias básicas necesarias para enfrontar os procesos de selección de persoal utilizados polas empresas para avaliar aos/ás candidatos/as . Os obxectivos deste Módulo son:

  • Aprender a elaborar o CV adaptándoo a cada oferta de prácticas ou emprego, saber seleccionar e potenciar os datos máis salientables e a elixir formatos e soportes.
  • Familiarizarse coa proba da entrevista e os seus tipos, coñecer as preguntas habituais e aquelas máis novidosas así coma as competencias que avalía.
  • Introducirse na proba da dinámica de grupos
  • Coñecer os recursos básicos para a procura de prácticas e emprego (portais de emprego e prácticas xeralistas e específicos, metabuscadores, consultoras de RRHH, directorios de empresas, a Rede EURES, programas de prácticas para estudantes e persoas recentemente egresadas, a autocandidatura espontánea, os contactos e as redes sociais profesionais, etc.).


MÓDULO 3.-   CASOS PRÁCTICOS- 4HS.
Profesionais de departamentos de RR.HH. de distintas empresas ou persoas que orienten sobre a busca de emprego e o relatorio das experiencias de emprendedores, complementarán o programa formativo.

 

OBRADOIROS DISPOÑIBLES

 

MÓDULO 2. SEMINARIO DE ORIENTACIÓN LABORAL
"Introdución ao proceso de selección das empresas"

 

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN: día 24/05/2018. Lugar: Salón de Graos. Horario: de 10:00 a 13:00 horas. Dirixido preferentemente ao alumnado e persoas egresadas dos Graos e Mestrados impartidos na Facultade de Ciencias da Educación e todas as persoas interesadas das demais Facultades e Escolas Universitarias da UDC  Relatora: Pilar Feal, técnica de orientación laboral de EMPREGO UDC.

Contidos:

  • Como elaborar o CV?
  • En que consiste o proceso de selección habitual nas empresas?
  • Como preparar unha entrevista de traballo?
  • En que consiste e que avalía unha dinámica de grupos?
  • Recursos para a procura de emprego e de prácticas

INSCRICIÓN

 

 

 

OBRADOIROS REALIZADOS

 

MÓDULO 1

  • Facultade de Ciencias de Educación. Seminario de Emprendemento. 28 de novembro de 10.00 a 13.00. Salón de Graos. Relator/a: Janet Fernández López.
  • Facultade de Ciencias. Seminario de Emprendemento. 15 novembro 2017 de 11.00 a 14.00h. Aula 14 Relator/a: José Angel Felpeto Lamas.
  • Escola Universitaria de Deseño Industrial. Seminario de Emprendemento. 15 novembro 2017 de 9.30 a 12.30. Aula de Creación - 2ª planta. Relator/a: Mª Inmaculada Muñoz Pliego.
  • Escola de Camiños, Canais e Portos. Seminario de Emprendemento. 16 de novembro de 2017 de 12.30 a 15.30. Aula informática. Relator/a: José Angel Felpeto Lamas.
  • ETS Arquitectura. Seminario de Emprendemento. 17 de novembro de 11.00 a 14.00. Salón de Actos. Relator/a: Janet Fernández López.
  • Facultade Ciencias do Traballo Seminario de Emprendemento. 21 novembro 2017 de 11.00 a 14.00h. Aula 05. Relator/a: Inmaculada Muñoz Pliego.
  • Escola Politécnica Superior. Seminario de Emprendemento. 24 novembro 2017 de 11.00 a 14.00h. Seminario 1. Relator/a: Inmaculada Muñoz Pliego.

MÓDULO 2

  • FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA. Seminario de Orientación Laboral "Introdución aos Procesos de Selección das Empresas". Día 1/02/2018, Salón de Graos, de 17:00 a 20:00 horas. Relator/a: Pilar Feal Rodríguez.
  • FACULTADE DE CC DO DEPORTE E A EF: día 9/03/208. Lugar: Salón de Actos. Horario: de 10:00 a 13:00 horas. Dirixido preferentemente ao alumnado de 4º curso do Grao e estudantes do Mestrado desta Facultade. Relatora: Pilar Feal, técnica de orientación laboral de EMPREGO UDC.
  • CAMPUS DE FERROL: día 7/03/2018. Lugar: Aula Magna da Facultade de Humanidades, de 16: 30 a 19: 30 horas. Dirixido ao alumnado de graos e mestrados impartidos nos centros do Campus de Ferrol, así como a persoas egresadas. Relatora: Pilar Feal, técnica de orientación laboral de EMPREGO UDC
  • EUAT (Campus da Zapateira): día 14/03/2018. Lugar: Salón de Graos da EUAT, de 12: 30 a 14: 30 (Elaboración do CV e Preparación da Entrevista de Traballo) e de 16:30 a 17: 30 (Dinámica de Grupos e Recursos para a procura de prácticas e emprego). Dirixido ao alumnado dos estudos impartidos na EUAT e persoas egresadas. Relatora: Pilar Feal, técnica de orientación laboral de EMPREGO UDC.
  • FACULTADE DE CC. DA COMUNICACIÓN: día 6/04/2018. Lugar: Salón de Graos, en horario de 11:00 a 14:00 horas. Dirixido ao alumnado dos estudos impartidos na Facultade de CC da Comunicación e persoas egresadas. Relatora: Pilar Feal, técnica de orientación laboral de EMPREGO UDC.
  • FACULTADE DE SOCIOLOXÍA: día 13/04/2018. Lugar: Salón de Graos, en horario de 11:00 a 14:00 horas. Dirixido ao alumnado dos estudos impartidos na Facultade de Socioloxía e persoas egresadas. Relatora: Pilar Feal, técnica de orientación laboral de EMPREGO UDC.
  • FACULTADE DE FISIOTERAPIA: día 22/03/2018. Lugar: Aula 2. Horario: de 17:30 a 20:30 horas. Dirixido ao alumnado do Grao e Mestrado impartidos na Facultade de Fisioterapia, así coma persoas egresadas. Relatora: Pilar Feal, técnica de orientación laboral de EMPREGO UDC.
  • FACULTADE DE CIENCIAS: día 16/04/2018. Lugar: Aula 8. Horario: de 16:30 a 19:30 horas. Dirixido preferentemente ao alumnado dos Graos e Mestrados impartidos na Facultade de Ciencias. Relatora: Pilar Feal, técnica de orientación laboral de EMPREGO UDC.
  • FACULTADE DE INFORMÁTICA: día 25/04/2018. Lugar: Aula 2.0b. Horario: de 9:30 a 12:30. Dirixido preferentemente ao alumnado dos Graos e Mestrados impartidos na Facultade de Informática. Relatora: Pilar Feal, técnica de orientación laboral de EMPREGO UDC.

MÓDULO 3.- EXPERIENCIAS E CASOS PRÁCTICOS DE INSERCIÓN LABORAL CAMPUS DA CORUÑA

  •  Facultade de CC da Educación. Día: 20/02/2018. Lugar: Salón de Actos. Hora: de 10:00 a 14: 00 horas. Relatores/as: Margarita Amor (vicerreitora de VEPEU), Clara de Lorenzo (directora de RRHH de GADISA), Carlota López e Fabiola Villar (RRHH-LNConsultores), Boris Mosquera (RRHH-Instituto Tecnolóxico de Galicia), Jordi Llonch (fundador e director xeral de SHARING ACADEMY).

 MÓDULO 3.- EXPERIENCIAS E CASOS PRÁCTICOS DE INSERCIÓN LABORAL NO CAMPUS DE FERROL

  • Facultade de CC do Traballo. Día 26/04/2018. Lugar: Salón de Actos. Hora: de 10:00 a 14:00 horas.

Programa

10:00 Presentación da xornada polo decano da Facultade de CC da Educación, José Luís López Fernández

10:05 Procesos de selección en REGANOSA. Relatora: Alba Budiño, responsable de selección de REGANOSA
10:50 Procesos de selección actuais e futuros en NAVANTIA ESPAÑA. Relator: José Carlos Piñeiro, xefe de RRHH de NAVANTIA FERROL
11:40 Descanso
12:00 Emprendemento: Ondas de ilusión. Relatora: María Antonia Fernández, xerente de GALP Golfo Ártabro Norte - Grupo Acción Local Sector Pesqueiro
13:00 Experiencia nunha startup. Relator: Iago Elizechea, CTO de TEIMAS DESENVOLVEMENTO SL