Cursos

PROGRAMA MELLORA DA EMPREGABILIDADE NOS CENTROS DA UDC 2017/2018


A asistencia aos tres módulos formativos cunha duración de 10 hs., dará a posibilidade ao alumnado de solicitar 1 crédito ECTS.

Este programa constará de tres módulos formativos:

MÓDULO 1.-  SEMINARIO DE FOMENTO DA CULTURA EMPRENDEDORA – 3HS.
Terá como obxetivo difundir como se xeran as ideas empresariais e poder romper os mitos sobre a figura do emprendedor/a, amosando que calquera persoa con gañas e esforzo, pode convertir a súa idea nun proxecto empresarial. O contido formativo versará sobre a explicación da figura do emprendedor/a, a idea de negocio e a posta en marcha. Este formación teórica complementarase cunha dinámica sobre a metodoloxía de xeración de modelos de negocio – Canvas.


MÓDULO 2.-  SEMINARIO ORIENTACIÓN LABORAL: INTRODUCIÓN AOS PROCESOS DE SELECCIÓN DAS EMPRESAS- 3 HS.
Axuda para desenvolver as competencias básicas necesarias para enfrontar os procesos de selección de persoal utilizados polas empresas para avaliar aos/ás candidatos/as . Abarcarase o curriculum vitae, a entrevista de traballo, a dinámica de grupos e recursos para a busca de emprego ou prácticas.


MÓDULO 3.-   CASOS PRÁCTICOS- 4HS.
Profesionais de departamentos de RR.HH. de distintas empresas ou persoas que orienten sobre a busca de emprego e o relatorio das experiencias de emprendedores, complementarán o programa formativo.

 

Obradoiros dispoñibles

MÓDULO 2.-SEMINARIO DE ORIENTACIÓN LABORAL NO CAMPUS DE FERROL "Introdución ao Proceso de Selección de Persoal das Empresas". Día: 7/03/2018. Lugar: Aula Magna da Facultade de Humanidades, de 16: 30 a 19: 30 horas. Relatoras: técnicas de orientación laboral de EMPREGO UDC

Contidos:

  • Como elaborar o CV?
  • En que consiste o proceso de selección habitual nas empresas?
  • Como preparar unha entrevista de traballo?
  • En que consiste e que avalía unha dinámica de grupos?
  • Recursos para a procura de emprego e de prácticas

INSCRICIÓN

 

 

MÓDULO 3.- CASOS PRÁCTICOS " Experiencias e casos prácticos de inserción laboral"

Facultade de Ciencias da Educación. Salón de actos. Martes 20 de febreiro de 2018.10:00-14:00h.  INSCRICIÓN

10:00 Benvida da vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria
10:05 "Apuntes clínicos sobre selección", Clara De Lorenzo, directora de RRHH de Gadisa
10:40 "O valor do talento", Carlota López e Fabiola Villar (RRHH - LNConsultores)
11:15 "Preparación de entrevistas: descubre as túas fortalezas", Boris Mosquera (RRHH - Instituto Tecnológico de Galicia)
11:50 Descanso
12:00 "As sete claves para emprender con éxito na universidade", Jordi Llonch, fundador e director xeral de Sharing Academy

 

Obradoiros realizados

 

MÓDULO 1

  • Facultade de Ciencias de Educación. Seminario de Emprendemento. 28 de novembro de 10.00 a 13.00. Salón de Graos. Relator/a: Janet Fernández López.
  • Facultade de Ciencias. Seminario de Emprendemento. 15 novembro 2017 de 11.00 a 14.00h. Aula 14 Relator/a: José Angel Felpeto Lamas.
  • Escola Universitaria de Deseño Industrial. Seminario de Emprendemento. 15 novembro 2017 de 9.30 a 12.30. Aula de Creación - 2ª planta. Relator/a: Mª Inmaculada Muñoz Pliego.
  • Escola de Camiños, Canais e Portos. Seminario de Emprendemento. 16 de novembro de 2017 de 12.30 a 15.30. Aula informática. Relator/a: José Angel Felpeto Lamas.
  • ETS Arquitectura. Seminario de Emprendemento. 17 de novembro de 11.00 a 14.00. Salón de Actos. Relator/a: Janet Fernández López.
  • Facultade Ciencias do Traballo Seminario de Emprendemento. 21 novembro 2017 de 11.00 a 14.00h. Aula 05. Relator/a: Inmaculada Muñoz Pliego.
  • Escola Politécnica Superior. Seminario de Emprendemento. 24 novembro 2017 de 11.00 a 14.00h. Seminario 1. Relator/a: Inmaculada Muñoz Pliego.

MÓDULO 2

  • Facultade de Economía e Empresa. Seminario de Orientación Laboral "Introdución aos Procesos de Selección das Empresas". Día 1/02/2018, Salón de Graos, de 17:00 a 20:00 horas. Relator/a: Pilar Feal Rodríguez.

MÓDULO 3

  •  Facultade de CC da Educación. Casos Prácticos "Experiencias e Casos Prácticos de Inserción Laboral". Día: 20/02/2018. Lugar: Salón de Actos. Hora: de 10:00 a 14: 00 horas. Relatores/as: Margarita Amor (vicerreitora de VEPEU), Clara de Lorenzo (directora de RRHH de GADISA), Carlota López e Fabiola Villar (RRHH-LNConsultores), Boris Mosquera (RRHH-Instituto Tecnolóxico de Galicia), Jordi Llonch (fundador e director xeral de SHARING ACADEMY).

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000