![]() |
Samuel Mocbee. Gustáballe chamarse 'Cidadán Arquitecto'. Porque iso era para el a profesión de arquitecto: un compromiso coa cidadanía. Coas forzas e as enerxías que fan do mundo un lugar mellor. Alá en Alabama, implementou fermosas arquitecturas 'para o alma', enraizadas cunha terra pobre, sempre marxinada, e instrumentou un proxecto académico -o Rural Studio- para divulgar este modo de operar. |
![]() |
Christopher Alexander. Aquí se presénta a metodoloxía para construír o hábitat e 'reconstruír' a beleza da Terra. Agora a tecnoloxía web enriqueceu os interfaces de transmisión das teorías enunciadas nos anos sesenta do século pasado co aporte de abundante e enriquecedora información adicional como exemplos, bibliografía, materiais descargables e links a outros arquitectos que seguen os seus ensinos. |
![]() |
John Habraken. Arquitecto holandés, titulado en 1955 na TU Delft. Autor de procesos alternativos para a produción de vivenda en masa, publicada en 'Supports, an Alternative to Mass Housing' ou 'The Structure of the Ordinary'. Os seus proxectos e investigacións desenvólveos na Escola de Arquitectura de Eindhoven, que el funda, e no MIT, que dirixe durante dezaseis anos. Na sua web oficial preséntase todo ese traballo, con numerosas publicacións e presentacións descargables. |
![]() |
Elemental defínense como empresa e destacan estar asociados á Compañía de Petróleos de Chile COPEC e á Pontificia Universidade Católica de Chile. Está dirixida polo arquitecto Alejandro Aravena. A súa principal fortaleza é a innovación no deseño de proxectos de interese público e impacto social, particularmente na ideación de tipoloxías domésticas crecederas e perfectibles. |
![]() |
Kere Architecture. Diébédo Francis Kéré naceu nunha aldea do interior de Burkina Faso. Formouse como arquitecto en Alemania, dende onde expande a súa actividade polo mundo. A súa oficina ten como obxectivo o desenvolvemento do seu país natal, con proxectos arquitectónicos de gran sensibilidade e accións de reivindicación. |
![]() |
Urban-Think Tank é unha práctica de deseño interdisciplinaria dedicada á investigación de alto nivel e deseño dunha variedade de temas, concernentes coa arquitectura contemporánea e o urbanismo. Está encabezada por Brillembourg e Klumpner, actualmente docentes na ETH de Zurich. O seu traballo ten que ver coas aplicacións teóricas e prácticas dentro da arquitectura e o planeamento urbano en contextos globais, creando pontes entre as industrias do primeiro e o terceiro mundo. |
![]() |
Espazo máximo, custo mínimo. Carlos González Lobo e María Eugenia Hurtado son docentes e investigadores mexicanos. Desenvolveron un deseño de tipoloxía habitacional, baseado nunha sofisticada tecnoloxía elemental, e que fixo posible a construción de proxectos habitacionais en lugares onde tal iniciativa parecía imposible. |
![]() |
Balkrishna Doshi. Discípulo de Le Corbusier, premio Aga Kahn de Arquitectura, fundador en 1962 da School of Architecture de Ahmedabad (India) e da de Planificación Física (1972) da mesma cidade. É un dos emblemas da arquitectura hindú contemporánea, aínda que iso non lle afastou dun forte compromiso cos problemas das xentes máis humildes do país, cuxo estudo levoulle a fundar a Vastu Shilpa Fundation. |
![]() |
Yona Friedman veu dedicando unha parte dos seus esforzos ao estudo do que chama o 'mundo pobre'. Analizando as circunstancias que o lastran nesa situación, elabora propostas teóricas e tecnolóxicas para tratar de resolvela, recoñecendo que o mundo posúe os suficientes recursos -aínda que mal administrados- para facer posible un cambio. |
![]() |
Teddy Cruz. Arquitecto guatemalteco radicado dende o 2000 en San Diego, California. Investiga e proxecta no territorio fronteirizo U.S.-México. As súas actuacións adecúanse ao impacto socioeconómico identificado nos seus estudos teóricos con ONG de ambos lados da fronteira. |
![]() |
Entre Nos Atelier. O Colectivo foi fundado en San José, Costa Rica no 2010 polos arquitectos Michael Smith e Alejandro Vallejo, ambos comparten unha visión humanista do deseño con impacto social, con sensibilidade ambiental, sostibles e unha procura constante cara á experimentación con materiais alternativos locais. Destaca na súa traxectoria profesional e de colectivo, recoñecementos, publicacións e conferencias a nivel nacional e internacional, axuntado a un labor docente en varias universidades latinoamericanas. |