PFC Comunidade María do Mar 2009-2012

Inicio

 feed
twitter |  facebook

 

20140203Guatemala665x250

O tema proposto céntrase no Municipio de Champerico (Departamento de Retalhuleu, Guatemala), no que a ONGD Arquitectos Sen Fronteiras desenvolveu actividades de cooperación. Atende ao asentamento da Comunidade María do Mar, formada por 71 familias dun colectivo "sen terra", cunha superficie total de 267 hectáreas. O obxectivo do proxecto é suscitar a ordenación completa da zona habitacional e de cultivo, como alternativa ás propostas en execución, pero contemplando as peculiaridades da cultura indíxena e do seu soporte territorial.

As características principais son a climatoloxía, os cultivos estacionais, o abastecemento e a xestión da auga, o saneamento e a xestión de residuos, xunto coa posibilidade de crecemento nun futuro próximo.

Considérase esencial a utilización de solucións inmediatas e de materiais próximos ou, cando menos, adecuados á contorna. Valóranse igualmente os procesos de autoconstrucción e autoxestión do colectivo, sendo prioritario en calquera caso o criterio económico.

Programa

Vivendas

Dotación dun total de 71 vivendas, cada unha asociada a unha parcela de 1600 m2, susceptible de albergar plantaciones de frutais e de manter diversos animais domésticos. Dentro das mesmas contémplanse tres estancias pechadas, que cada familia poida utilizar segundo as súas necesidades, e un espazo aberto techado para descansar e conversar. Inclúese igualmente un ámbito de cociña e comedor, sempre moi ventilado, un almacén para conservar certo material baixo chave, un sistema eficaz e austero de saneamento, e unha ducha ou pila na que poder lavar diversos enseres de cociña e a propia roupa.

Valórase a construción seriada, a prefabricación de elementos e as solucións constructivas que poidan favorecer o confort nun clima tan cálido.

Servizos comúns

  • Salón comunal: espazo diáfano e cuberto ou parcialmente pechado, como lugar de celebración de asembleas, festas e reunións comunitarias.
  • Auxiliatura: oficina e lugar de reunión dos alcaldes comunitarios, xuntas directivas e demais organismos de xestión do colectivo.
  • Escola primaria: concibida para o ensino de nenos de entre 5 e 14 anos, considerando que nas aulas agrúpanse alumnos de diferentes idades.
  • Casa de saúde: constituído por espazo de espera, sala de atención primaria, depósito de residuos e almacén de medicamentos.
  • Zona techada para almacenaxe de maquinaria, depósitos e materiais diversos, incluíndo igualmente talleres para traballos comunitarios.
  • Espazo deportivo para usos múltiples.
  • Espazos relixiosos, contemplando locais para as igrexas Católica e Evangélica e o culto Maia.
  • Tenda destinada á venda de produtos manufacturados.
  • Cemiterio.