![]() |
A convocatoria PCR (Proxectos de Coñecemento da Realidade) lévase a cabo todo os anos co obxectivo de que o alumnado da Universidade da Coruña poidan coñecer as realidades dos países do sur mediante a colaboración nun proxecto de Cooperación Internacional ou de educación para o desenvolvemento, a través dalgunha ONGD.
As estadías nos países do sur son dun a tres meses, nos que a persoa adxudicataria da bolsa ten a oportunidade de formarse e colaborar no eido da cooperación a través da experiencia de coñecer e participar nun proxecto en terreo en execución coas copartes das ONGD.
A OCV (a Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña) financia a viaxe completa ate a localidade onde ten lugar o proxecto (ida e volta) e o seguro.
Dende Arquitectos sen Fronteiras valóranse os Proxectos de Coñecemento da Realidade [PCR] como unha posibilidade para todos os/as estudantes universitarios/as de participar en proxectos de cooperación internacional para o desenvolvemento nos países en vía de desenvolvemento. Neste senso, os PCR constitúen un elemento clave de colaboración directa entre a comunidade universitaria e as ONGs, creando así toda unha serie de sinerxías relacionadas coas capacidades técnicas, culturais e económicas de ambos axentes en favor da mellora das condicións de vida das poboacións máis desfavorecidas.