![]() |
Small scale, big change.
O papel do arquitecto na sociedade mundial está a cambiar. Os arquitectos están a iniciar e desenvolver solucións prácticas, en resposta ás cambiantes condicións de forma de vida en moitas partes do mundo hoxe en día. Pequena escala, gran cambio céntrase nun capítulo central deste cambio, amosando construccións recentes o en construcción en comunidades marxinadas de todo o mundo. Estes arquitectos desenvolveron proxectos que revelan unha especificidade post-utópica do lugar; as súas solucións arquitectónicas xorden dunha estreita colaboración cos usuarios futuros e a investigación sostida nas condicións locais. |
![]() |
Design like you give a damn.
O maior reto humanitario que nos enfrontamos hoxe é o de proporcionar refuxio. Na actualidade, unha de cada sete persoas vive en choupanas ou en campos de refuxiados, e máis de tres mil millóns de persoas - case a metade da poboación mundial - non ten acceso a auga ou saneamento axeitado. O deseño físico dos nosos fogares, veciñanzas e comunidades moldea cada aspecto das nosas vidas. |
![]() |
Design like you give a damn 2.
Design Like You Give a Damn 2, é o manual indispensable para calquera persoa comprometida coa construción dun futuro máis sostible. Tras o éxito do seu primeiro libro, Architecture for Humanity trae aos lectores a próxima edición, con máis de 100 proxectos de todo o mundo. Repleto de solucións de deseño prácticas e enxeñosas, este libro aborda a necesidade de vivenda básica, vivenda, educación, saúde, auga potable e de enerxía renovable. |
![]() |
A habitaçao social no Porto.
Libro editado pola Camara Municipal de Porto sobre vivendas sociais. Nárranos a súa cronoloxía dende 1864 ata a época actual. En Porto un dos desafíos centrais é o problema da vivenda, Na segunda metade do s.XIX cidade agradable para vivir e espazo de drama habitacional para outros. É nesta situación cando é chamado a intervir o poder local enfrontado entre a proximidade dos problemas e os recursos para facerlles fronte. |
![]() |
Curso de especialización cooperación para el desarrollo de asentamientos humanos en el Tercer Mundo
Recopilación de textos e apuntamentos do contido máis relevante que se impartiu no curso de Especialización da Universidade Politécnica de Madrid sobre "Cooperación para o Desenvolvemento de Asentamentos Humanos no Terceiro Mundo". Nace con vocación de manual operativo e de instrumental de uso corrente, para os que traballan neste sector da Habitabilidade Básica. Con eles esperan contribuír a implantar a universalización dunhas condicións mínimas de habitabilidade, entendidas como un dos bens básicos necesarios para chegar a alcanzar algunha vez o fin último da posible erradicación da pobreza. |