![]() |
No ano 1914, Le Corbusier e Pierre Jeanneret deseñan a Maison Dom-Ino como resposta á demanda de aloxamento masivo na rexión de Flandes, devastada pola I Guerra Mundial. A proposta é un esqueleto completamente independente das funcións que puidese aloxar a casa. Fabricaríase con pezas normalizadas, moi mecanizadas e combinables, o cal permitiría unha liberdade organizativa do hábitat moi ampla. A resposta arquitectónica adecúase a un contexto con escaseza de maquinaria e enerxía, e cunha man de obra composta fundamentalmente por mulleres e persoas novas necesitadas de ocupación remunerada. A contorna, de edificacións arruinadas ofrecería os elementos que conformarían o cerramiento destas estruturas de formigón armado á vez que de proceder ao desescombro do país. |
![]() |
Os conflitos humáns e os desastres naturais provocan desprazamentos de importantes grupos de poboación. O aloxamento destes colectivos debe ser resolto sempre dun xeito urxente aínda que as condicións para iso xeneralmente sexan hostís ou difíciles. Shelter Case Studies recolle aproximadamente un centenar de casos de estudo post desastre, construidos desde 2008 en diversos lugares do mundo. Esta website é unha iniciativa de UN-HABITAT Axencia das Nacións Unidas para o Hábitat, IFRC Federación Internacional de Sociedades da Cruza Vermella e da Media Lúa Vermella, e UNHCR The UN Refugee Agency. |